jueves, 26 de diciembre de 2013

O GALEGO...  CAMINHO DA REINTEGRAÇOM!


A nossa lingua -o Galego- é mundial !! 
E non o sabemos...
Utilicémola para comunicar con Portugal, Brasil, Cabo Verde, Angola, Guinea-Bissau, Mozambique, Santo Tomé y Príncipe, e Timor Oriental... 

Fala galego! A quinta lingua do mundo!


Este é un trabalho para a asignatura de Relacions Literarias Galicia-Norte de Portugal do Master de Patrimonio da UDC que impartiu Roberto Samartim Lopez-Iglesias no 2013.
Nel entrevistamos a alguns dos mais relevantes persoeiros da Reintegraçom do Galego:

 RAQUEL BELLO
ELIAS TORRES FEIJÓ
VALENTIM FAGIM
CARLOS QUIROGA

sábado, 21 de diciembre de 2013

Master en Patrimonio Cultural de la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal 2013


A eurorrexión formada por Galicia e o Norte de Portugal configura un espazo xeográfico, no Noroeste peninsular, caracterizado polo seu forte interrelación no social, o económico e o cultural.

Co obxectivo de profundar na realidade patrimonial e cultural deste espazo xeográfico transfronteirizo naceu este mestrado universitario, cuxo plan de estudos busca, en primeiro termo, proporcionar ao alumno capacidades para coñecer e estudar a herdanza cultural nos seus aspectos xenéricos (arqueoloxía, historia, arte, literatura, lingua, etc.); en segundo termo, ofrecerlle coñecementos instrumentais de xestión (lexislación, marqueting, novas tecnoloxías, etc.); e, finalmente, facilitarlle fundamentos metodolóxicos e críticos que lle permitan acceder ao exercicio da actividade investigadora cunha formación avanzada, de carácter especializado e interdisciplinar, indispensable para estudar e
interpretar os recursos patrimoniais da eurorrexión.

En definitiva, o mestrado pretende formar a especialistas que contribúan ao desenvolvo socio-cultural e económico da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal mediante a realización de proxectos novos, que sirvan para pór en valor un patrimonio cultural común entendido como un recurso xerador de riqueza no marco da Europa das rexións.

http://www.udc.es/ensino/detalleEstudio/index.html?language=es&codigo=476V01